Peregrinando ao San Miguel, chova ou faga sol…
Compre buscar espazos entre árbores que permitan colgar un
toldo, por se fai sol… ou por se chove. Clima extremo que se soe dar nesta
data. Lembro de anos a chover e converterse os camiños e o monte en pistas de
barro e outros… cunha seca e unha polvoreira… pero non se pode fallar (sempre
que as circunstancias o permitan).
Pero o San Miguel é moito máis. É “un sentimento”, como reza
algunha frase comercial que se escoita nestes días. É a convivencia de familias
que gardan esta data na axenda para desfrutar da comida campestre, de amigos
que fai tempo que non se ven e acoden ao Coto e, por casualidade ou sen ela, se
atopan e póñense ao día das súas vidas. Dende toda a xeografía chega xente e… algo
terá, que procuran non faltar. Os que acuden por primeira vez, repiten, ou eso
prometen.
Pero antes de que este espazo se encha de xente, de
rebumbio, de arrecendo a churrasco e risas, tamén está ben descubrilo valeiro,
as ruinas do que foran adegas, cuadras e algunha vivenda.
Un paseo entre restos de pedras pola que soben enredadeiras,
no medio das que medran árbores e os castiñeiros medran rexos sen importar
portas nin ventas. O engado doutro tempo que novamente nos traslada a un pasado
rural que non voltará.
Aluméame luniña...e Bo San Miguel!
No hay comentarios:
Publicar un comentario