
Cambio zapatos de tacón
por botas de montaña...
Tras unha noite de zapatos de tacón, estrenos, tapas e copas, impuñase unha saída en contacto coa natureza (xa planeada, e cando organizo algo non me gustan os cambios). Facía tempo que me apetecía descubrir e adentrarme no Xurés, pero mellor non empezar ao tolo e ir pouco a pouco, ademais, o tempo no acompañaba e non me apetecía saír nos xornais.
A ruta elexida foi a do Río Mao, unha ruta circular de 4 quilómetros, aproximadamente, con saída e chegada a Escusalla, Ludeiros, Lobios.
O punto de partida, a Escusalla, parecía estar envolto nunha brétema misteriosa, como misterioso é todo o que rodea a súa historia. Segundo os rexistros, a casa ergueuse no século XVIII polo Abade de Manín, José Martínez y Parga, un párroco cun alto poder económico. Nesa época tamén se construíu a capela de San Xosé (Santorum D Joseph) unha das primeiras dependencias que se poden ver e tamén unha das que espertan máis inquietude cando se entra nela.
Son moitas as estancias que se poden visitar, semidurridas, coa vexetación invadindo e marcando territorio a decote. Trala capela e un patio central cunhas rexas columnas marcando espacio, hai unha adega e recintos que se supón que foron calabozos. Deixándose levar ata a parte de atrás vese o que foi a base dun fermoso balcón que ofrecería aos seus habitantes unhas fermosas vistas que hoxe son o encoro de Lindoso.
Tras a visita, toca empezar a camiñar. A unhos 100 metros da Escusalla iniciase un fermoso sendeiro no que a paisaxe autóctona con castiñeiros, piñeiros, acivros, salgueiros, bidueiros... conforman o marco paisaxístico.
Unha vez se chega ao río aparece o primeiro dos muíños restaurados, o de Flores. O roteiro discorre pegado ao río e aínda que se vaía facer camiño, aconsello deterse, observar e respirar. Mirar aorredor para poder ver o que a natureza regala a través das árbores e o discorrer da auga. Un discorrer que por veces conforma pequenas fervenzas, rápidas e cristalinas pozas de auga que, de seguro con bo
tempo invitarían ao baño (aínda que a Lobo a época do ano é o de menos e máis dun chapuzón se deu).
A omnipresencia da auga foi nese día máis, se cabe, aínda máis destacada. A choiva miúda coa que comenzou a camiñada por veces se converteu en máis intensa, pero a sensación de paz e tranquilidade non podía máis que ir en aumento. Como se a choiva purificase e levase con elo todo o malo, todos os malos pensamentos e as vibracións hostís que puideran empañar a miña vida.
A omnipresencia da auga foi nese día máis, se cabe, aínda máis destacada. A choiva miúda coa que comenzou a camiñada por veces se converteu en máis intensa, pero a sensación de paz e tranquilidade non podía máis que ir en aumento. Como se a choiva purificase e levase con elo todo o malo, todos os malos pensamentos e as vibracións hostís que puideran empañar a miña vida.
É a miña primeira "incursión" ao Xurés e espero que non a última. O día serviu para un novo encontro coa natureza e conmigo mesma. Un día para desbotar o malo e ser positiva. E, por se non o sabedes, a choiva, ademais de mollar, purifica.
Aluméame luniña
No hay comentarios:
Publicar un comentario