Veste de paseo?
O inicio da ruta está indicado perfectamente por un cartaz. Hai que deixar o coche neste punto (non hai moito sitio) e comenzar o camiño. Un camiño que é un pracer para os sentidos. O chan aínda está cuberto do cor outonal das follas caídas e, de cando en cando, cando sopra o vento, pódese escoitar e ver como aínda as follas se seguen a desprender das pólas.
O sendeiro está ben indicado. Seguide a ruta segundo as sinais. Eu tomei un pequeno desvío (como non…) máis que nada para saber onde ía dar, non se me fose escapar algo… e, bueno… se vós apetece camiñar un pouco máis e chegar a unha, supoño, antiga adega abandonada, é unha opción, senón, insisto, seguide as indicacións.
A ruta pódese completar achégandose ata o Castro de Marce, a unhos dous quilómetros (ida e moi sinxelo) , que ofrece unhas fermosas vistas sobre o Miño e logo voltar para facer o descenso propiamente dito ata a fervenza de Augacaída.
O último tramo de baixada realmente se complica un chisco, máis que nada porque na época na que eu fun a humidade convertera as pedras en pistas de patinaxe e había moitos tramos feitos, digamos, un puro barrizal… para eso de enchoupar ben os pés e que quedase constancia de que fixera a ruta. Neste último treito hai colocadas unhas cordas para axudar á baixada e evitar esvaramentos polas pedras (agradecese). E, que vós vou decir? Tenvos o seu aquel…
Durante todo o camiño o son da caída de auga é omnipresente e, xa a carón dela, todo o invade. Realmente engaiola quedar ficando para ela, deixarse envolver pola caída. Pechade os ollos, deixade que as pingas vós salpiquen e sentide que vós purifican. Tómade o voso tempo, non hai presa. Gozado do momento.
E como non só todo o que sobe baixa, senón que tamén todo o que baixa, ha de subir, toca emprender o camiño de regreso. Suxeitadevós as cordas e… para arriba!
No hay comentarios:
Publicar un comentario