Aguanta. Non te derrubes. Aguanta un pouco máis. Se non te viñeches abaixo en todos estes anos, non o fagas agora. Aguanta ata que aos que lle compete (todos) se poñan de acordo e che den o valor que ti mereces.
Lembro como eras o destino de moitas tardes de verán. Ata os teus pés íamos, de paseo ou en bici e, dende alí, dábamos comezo ao non pouco arriscado e complicado ascenso en tramos, gabeando polas pedras, polo "mellor" camiño ata chegar a túa raíz.
A miña xeración non foi a primeira en subir, en peregrinar ata a túa aba, sorteando pedras, pero cecáis sexa das penúltimas. Dichoso despoboamento! Non fai falla máis que mirar a un lado e ao outro e contar casas valeiras. Moitos dos que tiñan mil cousas que contar sobre ti xa non están, e a maioría dos que están xa non contan con folgos suficientes para gabear para verte de preto. Xente nova, pouca, moi pouca.
e recibindo aos que imos de cando en cando, como un faro que alumea o raigame que nunca se debe perder de vista. Por eso, ao chegar, ao cruzar o cartaz que anuncia "Sande", a primeira ollada é a dereita, ao alto, e comprobar que segues aí, impasible ante o paso do tempo.
Noites de treboada e lóstregos, tremores de terra, naturais e "non tan naturais", noites de lúa chea, aquelarres e meigas non puideron contigo. Por eso e por moito máis, aguanta. Non te derrubes.
"Castelo de Sande
pernas de avión
cantas terras vexo
todas miñas son"
Aluméame luniña
* Para nós non é Torre, é Castelo
Que hermosas palabras!!!!! Me siento muy identificada. Desde chica mi abuela me hablo de vos: Castillo de Sande!!!!!
ResponderEliminarMuchas gracias Miriam! Me alegro que te haya gustado y que estar escrito en gallego no haya complicado lo que quería hacer sentir. Supongo que lo lees desde la emigración y ojalá que con este texto te acerques a las tierras de tus antepasados. Un saludo!
Eliminarmoni,mi padre y abuelos nacieron en Oleiros de Sande. entiendo el gallego y lo amo! he estado en sande en tres oportunidades y ese castillo,como siempre decia mi abuela,me enamoro. todavia en sande vive el hermano de mi abuela, su esposa, hijo y nieta. te dejo mi mail,me gustaria mucho estar en contacto con vos!! tolemia1968@gmail.com
EliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarFantástico, signo de fuego. Parabens.
ResponderEliminar