Corga da Fecha 1. Grazas. Namasté
Toca nova excursión - incursión ao Xurés. Desta con saída dende a Vila Termal de Lobios, É a ruta da Corga da Fecha... ou esa era a intención...
Os primeiros pasos foron os correctos. Ou eso penso. Lobo (que ten moito protagonismo nesta historia) e máis eu collemos a carretera que discorre paralela ao balneario, deixamos atrás unha casa a man dereita e outra a man esquerda (para despistados). Primeira variante, coller pista a dereita cara o camiño que vai paralelo ao río Caldo (cousa que fixen na primeira volta... si, porque nesta historia hai máis de unha) ou seguir de frente. O caso é que as dúas van dar ao mesmo sitio (cousa que descubrín na segunda volta).
E si, algo máis adiante os restos das termas Aquis Originis. Por fin! agora si estou na boa senda. Feliz. Seguimos a ruta ata dar cunha primeira parada na cascada Corga da Fecha. Non podo menos que achegarme, atrapada polo son e a caída da auga. Aconsello achegarse o máximo posible, con coidado, para poder meterse de cheo na natureza e na maxia que esconde o Xurés.
Tras gozar de cada momento nesta parada, toca remontar camiño e seguir o ascenso. Pero a man esquerda hai un camiño, menos transitado, que invita a subir... a curiosidade chámame, chámanos, e alá imos. Impresiona. A caída é espectacular e a auga... a auga tan transparente e cristalina, que parece sacada dun conto.
O camiño de volta fixemolo os catro xuntos, con risas e bromas. Deixando atrás o momento vivido. Aínda que ei de recoñecer, igual son unha incauta, que eu non vin tanto perigo como Suso e Chus viron. Non sei porque, sabía que era cuestión de tempo e que acabaría saindo ben.
En positivo: amizade, solidariedade e que son máis destemida do que pensaba. Nunca tiven vestixe, pero as veces as caídas e a inseguridade botábanme para atrás. Pero desta, cando vin que non había outra maneira, agatuñei e andiven polas pedras sen medo, metín os pés na auga e non temín caer. As caídas son para erguerse.
Visitas obrigadas:
Aquis Originis: Próximo ás instalacións termais. Unha instalación termal de carácter lúdico hixiénico.
Miliarios: Reunidos artificialmente, na área recreativa da Ponte Nova, Portela do Home. Cada un deles estaba adicado a un emperador ou mando militar.
Novamente, grazas/Namasté. E credes que voltei cargada de enerxía?
P.D. Voltarei e farei a ruta completa. E desa a detallarei máis como guía que como opinión.
A quen lle atinxa: Deberían de marcar xa na vila termal por onde hai que coller para dar comenzo ao roteiro, fóra de que haxa un panel informativo onde comenza. É o punto de partida e de chegada para moitos. Mellor sinalamento.
Aluméame luniña
Esta Moniquiña, que toliña me está...
ResponderEliminarToliña de todo, señor Freire! E dirás... a vaia horas contestas... pois mellor tarde, que nunca... ademais, xa che respondo a miúdo e en directo!
Eliminar